
A revista Nós, tan rica e interesante en tantos aspectos, é unha referencia inevitábel para o estudo da cultura popular de Galiza. Nas súas páxinas encóntranse textos dos diversos xéneros da literatura tradicional, entre eles o romanceiro, na sección “Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza”. Mais a presenza do romance tradicional non se limitou aos textos incluídos neste “arquivo”, pois outros traballos da revista tamén se ocuparon desta poesía narrativa de tradición oral. Infelizmente, alguns dos romances publicados sufriron a manipulación dos seus editores e, por outra banda, os estudos dedicados ao romance tradicional e as composicións cultas que os imitaban incluídos na Nós pouco ou nada tiñan que ver co saber romancístico galego que, porén, alguns estudosos estaban a recoller de maneira rigurosa nas primeiras décadas do século XX.
José Luís Forneiro